IV Premios Xornalismo e Sustentabilidade
Do ao
Masorange convoca a cuarta edición dos seus “Premios Xornalismo e Sustentabilidade”, que recoñecen traballos xornalísticos e de divulgación que destaquen polo tratamento de temas relacionados co desenvolvemento sustentábel. Poderanse presentar candidaturas para optar a unha das tres categorías dos premios, dotadas cada unha delas con 8.000 euros.
O premio está dirixido a profesionais, que desenvolvan a súa actividade en España, cuxas informacións ao redor da citada materia fosen difundidas por algún medio de comunicación impreso, audiovisual ou noutros formatos ou canles -tales como redes sociais, podcast, Youtube, Twitch…-, en calquera das linguas oficiais do Estado, entre o 16 de setembro de 2023 e o 5 de outubro de 2022 (ambas as datas incluídas). A dotación é de 8.000 euros (repartidos nun primeiro premio de 5.000, un segundo de 2.000 e un terceiro de 1.000) para cada unha das categorías: Medios escritos, Audiovisual e Labor divulgativa e novas narrativas.
As persoas interesadas poden enviar as candidaturas a través do formulario dispoñíbel na web até o día 6 de outubro de 2024.
Máis información na web do premio.