Liberdade de expresión e igualdade. Unha CRTVG ao servizo do pobo

Do ao

Horario: Sabado 2 de xullo das 9:00 ás 14:00 horas

Lugar: A Casa Obreira. Finca Tenencia de Velasco, Travesa do Sar a Rúa do Sar, Rúa de Clara Campoamor, s/n, 15702 Santiago de Compostela

A Casa Obreira organiza o sábado 2 de xullo na súa nave do barrio compostelán de Sar, en horario de 9 a 14 horas, a xornada Liberdade de expresión e igualdade. Unha CRTVG ao servizo do pobo, na que voces relevantes do ámbito profesional, sindical e social galego someterán a crítica o estado da liberdade de expresión e os discursos públicos da CRTVG. 

A xornada dividirase en catro mesas que falarán sobre a garantía da liberdade de expresión, medios públicos feministas, control da manipulación informativa e fiscalización sindical e social dos medios públicos. Coordenadas por xornalistas do país, nelas participará Sonia Vizoso, vicedecana primeira do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, así como representantes de diversos medios de comunicación e organismos e colectivos relacionados co sector e cos dereitos e liberdades, e representantes parlamentarias da Comisión de Control da CRTVG.

Máis información aquí