LIV Premio Ciudad de Alcalá de Xornalismo ‘Manuel Azaña’
O Concello de Alcalá de Henares convocou unha nova edición do Premio Ciudad de Alcalá de Xornalismo “Manuel Azaña” co fin de estimular e promover a calidade e innovación nos xéneros xornalísticos realizado a través dos medios de calquera índole polos profesionais da información.
Poden optar a este galardón os traballos xornalísticos realizados en español, en calquera formato, soporte, modo de edición, publicación e difusión, difundidos entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 30 de maio de 2023, que versen sobre calquera aspecto da creación cultural, resaltando os valores básicos da cultura, o pensamento e o coñecemento no seu máis amplo sentido.
As candidaturas poden ser presentadas até o 31 de maio de 2023, a través do correo electrónico premiocalcala@ayto-alcaladehenares.es, indicando no asunto: "Opta al Premio Ciudad de Alcalá de Periodismo 2023".
Máis información nas bases do premio.