O mundo en 2023: Anatomía dunha policrise

Do ao

Horario: Xoves 25 de maio de 2023 a partir das 12:00 horas

Lugar: Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (Avenida de Castelao, s/n)

Ignacio Ramonet, doutor Honoris Causa da USC en 2003 a proposta da Facultade de Ciencias da Comunicación, regresa vinte anos despois a este centro, para informar e debater sobre aspectos fulcrais que definen a xeopolítica contemporánea. O xornalista e profesor de Teoría da Comunicación impartirá o seminario "O mundo en 2023: Anatomía dunha policrise", organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais, o vindeiro 25 de maio ás 12:00, no Auditorio da Facultade (Avenida de Castelao, s/n, Santiago de Compostela).

Este Seminario ambiciona explicar e clarificar a actual ecuación xeopolítica mundial nas súas diversas arestas. E exporá unha grella de lectura documentada dos acontecementos en curso. Para que cada cidadán, cada cidadá entenda con claridade o que está a pasar no mundo.

Ignacio Ramonet é doutor en Ciencias Sociais por l' École des Hautes Études en Sciences Sociais, , director de Le Monde diplomatique en español, profesor de Teoría da Comunicación na Universidade de París VII, especialista en Xeopolítica e Estratexia Internacional, consultor da ONU e fundador do Foro Social Mundial, da ONG Media Watch Global e de Attac. Recibiu innumerábeis premios, distincións e recoñecementos, entre eles varios de Xornalismo. Ditou conferencias e foi director de seminarios en distinguidas universidades de todo o mundo. É autor dunha trintena de libros, todos traducidos a diversas linguas. 

Máis información aquí.