Os monos de Laxeiro: Obra humorística en prensa

Do ao

Horario: De martes a sábado das 09.30 ás 16.00 horas.

Lugar: Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira. Artes, Lugar de Outeiro S/N.

O Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira (Artes, Lugar de Outeiro S/N) acolle a exposición Os monos de Laxeiro: Obra humorística en prensa, que reúne 49 viñetas humorísticas que o artista lalinense publicou nos xornais El Pueblo Gallego e Faro de Vigo entre os anos 1928 e 1930. 

A exposición, comisariada por Pastor Rodríguez, mostra os comezos artísticos de Laxeiro cando era un mozo de 20 anos e aínda exercía de barbeiro, e nunca antes se vira este interesante traballo de Laxeiro na súa totalidade. O proxecto responde a unha necesidade de catalogar e mostrar ao público o traballo completo de Laxeiro como humorista gráfico na prensa, sumándose así a ese elenco de artistas renovadores que, en Galicia, cultivaba o humorismo gráfico.

A mostra pode visitarse de maneira graiata en horario das 09.30 ás 16.00 horas, de martes a sábado. Fóra dese horario pódense pedir citas concertadas para grupos.

Máis información aquí