PluPro Project
Do ao
Información de contacto:
www.journalismfund.eu
Ides Debruyne (managing director),
plupro@journalismfund.eu
Journalismfund Europe, en colaboración con Transitions magazine, poñen en marcha PluPro Project, un plan de subvencións e formación para o xornalismo de investigación transfronteirizo en Europa. A iniciativa está cofinanciada polo programa Europa Creativa da Comisión Europea, dentro da convocatoria de asociacións xornalística.
A iniciativa, en marcha desde o 2009, consta dunha liña de axudas, titorización e bolsas para o xornalismo de investigación transfronteirizo e outra específica para o o xornalismo de investigación local transfronteirizo. A estas súmanse un programa de formación para redaccións e outro para xornalistas profesionais. Ademais, garante o seguimento e difusión das coberturas apoiadas polo proxecto entre o público europeo, ademais das aprendizaxes e coñecementos entre a comunidade xornalística de toda Europa.
O proxecto vai dirixido a equipos de xornalistas ou medios independentes de preferibelmente dous países europeos. Poden presentarse candidaturas até o 25 de abril ás 13:00 horas.
Máis información aquí e no correo electrónico plupro@journalismfund.eu.