Premio Anagrama de Crónica/Fundación Giangiacomo Feltrinelli
Do ao
A Editorial Anagrama promove un ano máis o Premio Anagrama de Crónica/Fundación Giangiacomo Feltrinelli, ao que poden concorrer xornalistas e escritores do ámbito iberoamericano que presenten un libro inédito de crónica en lingua española.
As obras deberán desenvolver unha crónica única, ou un conxunto de crónicas, agrupadas de forma orgánica. A extensión mínima será de 100 páxinas, en tipo Arial de 12 puntos. Non haberá limitación formal algunha, aínda que se valorarán especialmente aqueles traballos que representen unha apertura no concepto literario de crónica.
O período de recepción de orixinais está aberto ata o 30 de setembro de 2023. Os orixinais deberán enviarse en PDF, a dobre espazo e coas páxinas numeradas, á dirección electrónica manuscritos@anagrama-ed.es. No asunto do correo deberá indicar: “Premio Anagrama de Crónica/Fundación Giangiacomo Feltrinelli 2023”, seguido do título da obra.
Máis información nas bases do premio.