Premio "Comunicación contra o estigma"

Do ao

A cátedra extraordinaria Contra o Estigma de Grupo 5 e a Universidad Complutense de Madrid convocou a I Edición do premio “Comunicación Contra o Estigma” para recoñecer os traballos xornalísticos que mellor contribuísen durante 2022 á loita contra o estigma cara a persoas con problemas de saúde mental, sen fogar ou con discapacidade intelectual en España.

O importe do premio é de 500 euros para cada unha das tres modalidades de xornalismo: impreso e dixital, audiovisual (radio e televisión) e gráfico, e outorgarase aos mellores traballos realizados ou emitidos en 2022 en base a criterios de calidade, sensibilización e adecuación de tratamento.

O prazo de recepción dos traballos, que se deben presentar a través do formulario da páxina, finaliza o próximo 15 de novembro.

Máis información nas bases do premio.