Premio de Xornalismo Adif de Infraestruturas Ferroviarias

Do ao

Información de contacto:

+34 911 511 015
cultura@ffe.es
https://www.ffe.es/premioadif/

A Fundación de los Ferrocarriles Españoles (FFE) e o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif) crean o Premio de Xornalismo Adif de Infraestruturas Ferroviarias co obxectivo de "promover e recoñecer o labor dos xornalistas e os medios de comunicación na divulgación e achegamento á opinión pública das infraestructuras ferroviarias españolas, así como dar a coñecer a súa importancia para a vertebración social, económica e cultural de España e a súa relevancia para a vida cotiá dos cidadáns".

O Premio de Xornalismo ADIF de Infraestructuras Ferroviarias consta de tres categorías disintas: Medios impresos e dixitais de ámbito nacional, Medios impresos e dixitais de proximidade e Medios audiovisuais, cada unha delas dotada cun primeiro premio de 2.000 euros e un accésit de 1.000 euros. Poden concorrer ao galardón os xornalistas que publiquen traballos entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 30 de xuño de 2021 en calquera medio de comunicación español e en calquera soporte e ámbito de difusión, que acheguen un enfoque relevante sobre infraestruturas ferroviarias españolas.

As candidaturas poden presentarse a través da web do premio até o 30 de xuño de 2021. Máis información nas bases do premio