Premio de Xornalismo AECOC pola Competitividade Empresarial 2023
AECOC, Asociación de Empresas del Gran Consumo, que agrupa a máis de 30.000 compañías, convoca unha nova edición do seu Premio de Xornalismo pola Competitividade Empresarial.
Pódense presentar traballos xornalísticos publicados en prensa escrita offline e online, xeral e económica, de ámbito nacional, autonómico ou local, que foran publicados entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023. As candidaturas poden presentarse até o 29 de setembro a través do formulario en liña. O premio ao mellor traballo está dotado con 12.000 euros.
Máis información na páxina web do premio.