Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2026
Do ao
Información de contacto:
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), convoca a undécima edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas, que trata de estimular e recoñecer as actividades de comunicación da ciencia e da tecnoloxía entre as/os profesionais do xornalismo dos medios de comunicación galegos.
As propostas deben consistir nunha peza xornalística de carácter informativo en formato escrito ou audiovisual publicada ou emitida entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de xaneiro de 2026 en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal): diarios dixitais ou en papel, radio ou televisión. Deben responder aos xéneros da noticia, a crónica ou a reportaxe (quedando excluídos expresamente as entrevistas e os artigos) e poden ter como tema principal calquera aspecto relacionado coa ciencia desenvolvida en Galicia.
A dotación do premio será de 3.500 euros netos e irá acompañada dun diploma acreditativo. A maiores, concederase un accésit de 1.500 euros para o segundo traballo mellor valorado.
As candidaturas deben presentarse mediante o formulario dispoñíbel na web. O prazo de recepción de candidaturas remata ás 15.00 horas do 20 de marzo de 2026.
Máis información nas bases do premio.