Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2022

Do ao

Información de contacto:

Ateneo de Santiago
Praza de Salvador Parga, 4-2º
15704 Santiago de Compostela

O Ateneo de Santiago convoca unha nova edición do Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico, que ten o obxectivo de impulsar traballos xornalísticos que contribúan a promover un debate cívico sobre asuntos de interese social, favorecendo o espazo público para mellorar a calidade de vida dos cidadáns.

Poderán participar as persoas físicas que sexan as autoras dos traballos presentados e teñan o xornalismo como principal medio de vida. Os traballos tamén poderán ser propostos, co consentimento do autor ou autores, polos medios nos que foron publicados. Os traballos presentados deberan abordar temas de interese cívico ou cidadán e estar publicados ou difundidos entre o 1 de novembro de 2021 e o 31 de outubro de 2022. Os traballos impresos ou publicacións dixitais deberán estar redactados en galego ou castelán e os traballos audiovisuais deberán incluír narracións ou diálogos en calquera destes dous idiomas.

Para participar no premio, dotado con 1.000 € e un recordo conmemorativo, deberanse remitir os traballos, xunto ao formulario de inscrición e especificando no exterior do sobre o nome do premio ao enderezo Ateneo de Santiago. Praza de Salvador Parga, 4-2º. 15704 Santiago de Compostela. O prazo de presentación dos traballos finalizará ás 20 horas do vindeiro 31 de outubro de 2022.

Máis información nas bases do premio