Premio de Xornalismo Lorenzo Natali 2024

Do ao

Información de contacto:

 info@nataliprize.eu

Dirección Xeneral de Asociacións Internacionais da Comisión Europea convoca unha nova edición do Premio de Xornalismo Lorenzo Natali, creado en 1992 para recoñecer a excelencia na información de temas relacionados co clima, medio ambiente e energía, dixitalización e infraestruturas, igualdade de xénero, desenvolvemento humano, migracións, paz e gobernanza, crecemento sustentábel e emprego ou mocidade.

Os xornalistas poden optar ao premio nas seguintes tres categorías: Premio ao xornalismo de investigación, Premio de artigos destacados e Premio ao mellor xornalista emerxente, este último aberto a xornalistas menores de 30 anos cuxos medios teñen a súa sede central nun estado membro da UE ou un dos seus países asociados.  Ademais, estabelécese un premio especial que este ano vai galardoar traballos de fotoxornalismo. O gañador de cada categoría recibirá 10 000 euros. O gañador da categoría "Mellor xornalista emerxente" terá ademais unha oportunidade laboral nun medio de comunicación asociado.

Os traballos deben ter sido publicados entre o 30 de maio de 2023 e o 29 de maio de 2024. O Premio admite pezas en todos os idiomas, mais deben ir acompañadas dunha traducción en inglés, francés, español, alemán ou portugués no caso de que ningún destes sexan o idioma orixinal. Para participar, é preciso cubrir o formulario online antes das 23:59 horas do 29 de xuño. 

Máis información aquí