Premio de Xornalismo Semmelweis-Richter

Do ao

Información de contacto:

press@semmelweis.hu

http://semmelweisrichteraward.com/
 

A Universidade Semmelweis, co apoio do grupo Gedeon Richter, convoca a segunda edición do Premio de Xornalismo Semmelweis-Richter, que ten ten como obxectivo recoñecer o xornalismo sanitario de alta calidade e o seu papel na información ao público e na configuración do debate relacionado coa saúde en toda Europa.

Os premios constan de dúas categorías: Saúde Feminina e Estratexias e Innovación Farmacéutica, con especial atención ás terapias cardiovasculares. Estabelécense un primeiro premio de 10.000 euros, un segundo de 7.500 e un terceiro de 5.000 en cada categoría. Ademais, as persoas gañadoras terán dereito a unha viaxe a Budapest, con todos os gastos pagados, en outubro de 2026 para asistir á cerimonia de entrega

Poden presentar a súa candidatura os xornalistas procedentes de países europeos cun máximo de dous artigos, un por categoría, publicados entre o 1 de marzo de 2025 e o 31 de marzo de 2026. As candidaturas deben estar en inglés ou incluír unha tradución ao inglés xunto coa versión orixinal.

As candidaturas poden presentarse a través do formulario online antes das 23:59 do 9 de xuño. Máis información na páxina web do premio