Premio Gabo 2026
A Fundación Gabo abre as inscricións ao Premio Gabo 2026, co obxectivo de "promover referentes de excelencia, coherencia ética e innovación para o xornalismo Iberoamericano como unha achega ao cumprimento do seu propósito de apoiar a xornalistas e contadores de historias para acadar unha sociedade mellor informada, participativa e libre".
As inscricións están abertas ata o 20 de febreiro na plataforma do premio para os xornalistas que publicaran traballos en español ou en portugués entre o 18 de febreiro de 2025 e o 19 de febreiro de 2026, en calquera formato ou tipo de medio. O galardón consta de cinco categorías: Texto, Fotografía, Audio, Imaxe e Cobertura.
Cada un dos gañadores do Premio Gabo recibirá 35 millóns de pesos colombianos e un exemplar da escultura Gabriel, da autoría de Antonio Caro.
Máis información nas bases do premio.