Premio Guillermo Cano á liberdade de prensa 2022

Do ao

Información de contacto:

UNESCO
Communication and Information Sector Freedom of Expression and Safety of Journalists Section
7 Place de Fontenoy
75007 Paris France

g.godoi@unesco.org 
f.romer@unesco.org

A Unesco convoca unha nova edición do Premio Guillermo Cano á liberdade de prensa, galardón creado en 1997 en honor ao xornalista colombiano falecido no exercicio da súa profesión. A súa finalidade é premiar cada ano a unha persoa, organización ou institución que realice unha contribución notable na defensa e/ou promoción da liberdade de prensa en calquera parte do mundo.

O premio ten unha dotación de 25.000 dólares. As nominación para o premio deben realizarse cumprimentando en inglés ou francés este formulario, e remitíndoo antes do 15 de febreiro de 2022 por correo electrónico aos enderezos g.godoi@unesco.org ou f.romer@unesco.org ou por correo postal a: UNESCO Communication and Information Sector Freedom of Expression and Safety of Journalists Section 7 Place de Fontenoy 75007 Paris France.

Máis información na web da Unesco.