Premio Nacional de Xornalismo Cultural 2021
Do ao
Información de contacto:
Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura
Ministerio de Cultura e Deporte
Plaza del Rey, 1
28004 Madrid
O Ministerio de Cultura e Deporte convocou o Premio Nacional de Xornalismo Cultural, correspondente a 2021. O galardón ten por obxecto recoñecer a traxectoria xornalística dun profesional dedicado á información cultural, sexa cal for a lingua ou linguas oficiais do Estado utilizadas no desenvolvemento do seu labor. A dotación é de 20.000 euros.
Poderán presentar candidaturas os membros do Xurado e as entidades culturais ou profesionais "que pola súa natureza, fins ou contidos estean relacionadas co mundo do xornalismo cultural". O máximo de propostas é de catro e deberán estar razoadas e incluír os méritos que concorren na mesma e dirixida á Presidencia do Xurado. A data límite de presentación das propostas estabelecerase na Orde ministerial na que se designen os membros do Xurado.
As propostas deberán dirixirse á persoa titular da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, e poderán ser presentadas empregando un certificado de firma electrónica válida, a través da sede electrónica do Ministerio de Cultura e Deporte no apartado "Procedementos e premios". Así mesmo, poderán presentarse no Rexistro do Ministerio de Cultura e Deporte (Praza del Rey, 1, 28004 Madrid).
Máis información nas bases do premio.