Premio Roche de Xornalismo en Saúde 2025

Do ao

Roche América Latina e a Fundación Gabo convocan unha nova edición do seu Premio Roche de Xornalismo en Saúde, que busca recoñecer a excelencia e estimular a cobertura xornalística de calidade sobre temas de saúde e ciencia en español e portugués en América Latina, España e Portugal.

O premio consta de tres categorías: Xornalismo escrito, Xornalismo audiovisual e Cobertura (mellor cobertura integral dun tema conxuntural en saúde e ciencia, presentada nun só formato ou nunha combinación de varios). A persoa gañadora de cada categoría (ou un representante se se trata dun traballo grupal) terá dereito a participar con todos os gastos cubertos no Festival Gabo 2026, que levará a cabo en Bogotá, Colombia. Ademais, recibirá un trofeo e un diploma que acreditará o seu recoñecemento.

Os traballos postulados deberán ter sido publicados ou emitidos por primeira vez, en español ou portugués, entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2024, e teñen que estar enfocados nunha das seguintes temáticas: Desafíos e oportunidades na atención sanitaria, Prevención, diagnóstico e atención primaria, Valor da innovación para a atención sanitaria ou Muller e saúde. Cada persoa participante pode postular un máximo de dous traballos: un de autoría individual e un colectivo.

As candidaturas deben presentarse a través da plataforma de inscricións do premio até o 9 de xuño de 2025. 

Máis información nas bases do premio