Premio Vía Ágora de Xornalismo
Corporación Vía Ágora convoca o I Premio Vía Ágora de Xornalismo, que pretende contribuír a fomentar a divulgación e o desenvolvemento da información relacionada co sector inmobiliario, o tecnolóxico e o de sustentabilidade, que resulte de calidade e interese para a sociedade e as empresas españolas.
Poden concorrer a estes premios os traballos xornalísticos, individuais ou grupais, publicados en prensa impresa, dixital ou audiovisual, desde o 1 de setembro de 2023 ata o 15 de setembro de 2024 (ambos os dous inclusive), que traten sobre ámbitos do sector inmobiliario, tecnolóxico e de medio ambiente. Os traballos deberán remitirse por escrito en español.
Os galardóns contemplan tres categorías: Mellor artigo de análise de situación do sector inmobiliario residencial, Mellor artigo sobre tecnoloxías disruptivas que se estean aplicando na actualidade e Mellor artigo de divulgación sobre a sustentabilidade na España rural. O tema dos traballos e a extensión será libre, sempre que teñan un contido acoutado ás características da categoría á que se presenten.
Os traballos enviaranse ao correo electrónico comunicacion@viaagora.com en formato Word ou PDF, indicando no asunto “I Premios Vía Ágora de Periodismo” e incluíndo o nome do autor ou autores, os datos de contacto, o título do traballo, a data e medio no que foi publicado o traballo e a modalidade á que opta. A data límite para a presentación será ás 18:00 horas do 2 de setembro de 2024.
Máis información nas bases do premio.