Premios Comunicacion de Protección de Datos 2024

Do ao

A Axencia Española de Protección de Datos convoca os Premio Comunicación de Protección de Datos Persoais 2024, co obxectivo de distinguir os traballos xornalísticos que signifiquen unha achega destacada á promoción e difusión entre os cidadáns dos principios do dereito fundamental á protección de datos persoais e contribúan a fomentar a concienciación de quen manexa información persoal sobre as súas responsabilidades.

O Premio Comunicación de Protección de Datos 2024 inclúe ten unha dotación de 3.000 euros, puidéndose conceder tamén un accésit de 1.500 euros.

Poderán optar os traballos individuais (editorial, noticia, reportaxe, ou programa de radio ou televisión) ou os proxectos xornalísticos e campañas audiovisuais que definan un compromiso editorial coa promoción da protección de datos, difundidos a través de calquera medio de comunicación social (televisión, radio, prensa escrita, xa sexa en papel ou na internet e axencias de noticias) entre o 16 de outubro de 2023 e o 15 de outubro de 2024..

As candidaturas poderán presentarse, preferentemente de forma telemática a través da sede electrónica da Axencia Española de Protección de Datos, ata o 15 de outubro de 2024. Máis información nas bases do premio.