Premios de Comunicación do Colexío Oficial de Psicoloxía de Galicia

Do ao

Información de contacto:

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Rúa Espiñeira 10, baixo
15706 Santiago de Compostela

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración coa aseguradora Brokers'88, vén de convocar os seus Premios de Comunicación, cos que pretende recoñecer o labor divulgativo da Psicoloxía. Están contempladas dúas categorías, unha para xornalistas e outra dirixida a psicólogos e psicólogas que colaboren de forma frecuente cos medios, dotada cada unha delas con 2.000 euros.

A primeira categoría corresponde ao Premio Xornalístico do COPG, ao que poderán concorrer os e as xornalistas que publicaran ou emitiran algún traballo en relación coa Psicoloxía, a nivel individual ou grupal, en calquera formato xornalístico, no que se valorará a contribución á divulgación da Psicoloxía e da profesión na sociedade a través dos medios de comunicación.
 
A segunda categoría é o Premio de Comunicación Xoán Vicente Viqueira, dirixido a psicólogos e psicólogas colexiadas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que colaboren de forma frecuente e continuada cos medios de comunicación co obxectivo de divulgar a profesión da Psicoloxía na sociedade, desde o rigor, a ética e a vocación de servizo público.  
 
Os traballos deberán ter sido publicados entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2021, e poden presentarse xunto co formulario presente nas bases ata o 28 de febreiro de 2022 a través da sede electrónica do COPG, do correo electrónico ou por correo postal remitido ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Rúa Espiñeira 10, baixo,15706 Santiago de Compostela, A Coruña).  
 
Máis información nas bases anexas.