Premios de Xornalismo de Investigación de El Confidencial
Do ao
O xornal dixital El Confidencial celebra os seus 25 anos convocando a primeira edición dos seus Premios de Xornalismo de Investigación, que recoñecerán traballos e profesionais que desvelasen información de alto interese público e cun impacto real na sociedade.
Os premios divídense en tres categorías: Premio Nacional, para a mellor investigación xornalística publicada en España; Premio Internacional, para o mellor traballo con relevancia internacional, transnacional ou global, publicado dentro ou fóra das nosas fronteiras; e Premio á Traxectoria Profesional, para honrar unha carreira marcada pola integridade e o compromiso coa verdade.
Os traballos deben estar enmarcados no xénero do xornalismo de investigación e ter sido publicados ou emitidos entre o 27 de febreiro de 2025 e o 26 de febreiro de 2026,, e calquera soporte. Admítense tanto pezas individuais como series de traballos sobre un mesmo feito informativo.
As candidaturas poderán ser presentadas polos propios autores, pola dirección do medio no que se publicou o traballo ou por institucións e asociacións xornalísticas, aínda que na categoría de Traxectoria Profesional non se admitirá a autopostulación. Os interesados poden envialas por correo electrónico a premiosperiodismo@elconfidencial.com ou por correo postal a Vía de las Dos Castillas, 33, Complejo Ática, Edificio 7-C, 1ª planta — 28224, Pozuelo de Alarcón, Madrid. O prazo de recepción finaliza o 30 de abril de 2026.
Máis información nas bases dos premios.