Premios Desalambre 2026

Do ao

O xornal dixital eldiario.es convoca a sétima edición dos Premios Desalambre co obxectivo de contribuir ao desenvolvemento do terceiro sector, dar visibilidade aos seus proxectos e recoñecer o labor daquelas organizacións que defenden causas de interese público e xeral. 

 

Os galardóns de Xornalismo distingirán traballos xornalísticos de calidad con enfoque de dereitos humanos, valorando a profundidade e o rigor, así como a innovación e creatividade para tratar historias ou fenómenos que merecen ser contados do xeito máis eficaz e rigoroso. Nesta categoría, outorgaranse tres premios de mil euros cada un: Premio Desalambre ao mellor traballo xornalístico escrito ou multimedia e Premio Desalambre á perseveranza (que premiará unha traxectoria profesional). 

Poderanse presentar aos galardóns os traballos publicados en España entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025.

A presentación de candidaturas ten que facerse a través da páxina dos premios até o 1 de febreiro de 2026 ás 23:59 horas.

Máis información nas bases dos premios