Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación 2022
O Instituto de la Juventud convoca os Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación 2022 co fin de "recoñecer o esforzo e o compromiso de novos xornalistas ou comunicadores no ámbito do xornalismo social, fomentando así o desenvolvemento e a difusión da súa carreira profesional".
A nova edición distinguirá aqueles traballos que mellor contribúan ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade nas modalidades de Xornalismo impreso, Fotoxornalismo, Xornalismo audiovisual (radio e televisión) e Xornalismo dixital, cada unha delas dotada con 5.000 euros.
Poden presentarse ao premio os traballos publicados entre o 1 de xullo de 2021 e o 4 de maio de 2022 por candidatos que non superen os 35 anos de idade.
A solicitude e o resto de información está dispoñíbel na convocatoria do premio ou na web do Injuve. Poden presentarse candidaturas até o día 1 de xuño.
Para consultas xerais sobre a convocatoria pódese escribir a premiosperiodismo@injuve.es.