Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación 2023

Do ao

Información de contacto:

premiosperiodismo@injuve.es

O Instituto de la Juventud convoca os Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación 2023 co fin de "recoñecer o esforzo e o compromiso de novos xornalistas ou comunicadores no ámbito do xornalismo social, fomentando así o desenvolvemento e a difusión da súa carreira profesional".

A nova edición distinguirá aqueles traballos que mellor contribúan ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade nas modalidades de Xornalismo impreso, Fotoxornalismo, Xornalismo audiovisual e Xornalismo radiofónico, cada unha delas dotada con 5.000 euros.

Poden presentarse ao premio os traballos publicados entre o 2 de xuño de 2022 e o 11 de maio de 2023 por candidatos que non superen os 35 anos de idade.

A solicitude e o resto de información está dispoñíbel na convocatoria do premio  ou na web do Injuve. Poden presentarse candidaturas até o día 9 de xuño.

Para consultas xerais sobre a convocatoria pódese escribir a premiosperiodismo@injuve.es.