Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación 2025
O Instituto de la Juventud convoca os Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación 2025 co fin de "recoñecer o esforzo e o compromiso de novos xornalistas ou comunicadores no ámbito do xornalismo social, fomentando así o desenvolvemento e a difusión da súa carreira profesional".
A nova edición distinguirá aqueles traballos que mellor contribúan ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade nas modalidades de Xornalismo impreso, Fotoxornalismo, Xornalismo audiovisual e Xornalismo radiofónico, cada unha delas dotada con 5.000 euros.
Poden presentarse ao premio os traballos publicados entre o 9 de maio de 2024 e o 9 de maio de 2025 por candidatos e candidatas que non superen os 35 anos de idade.
A solicitude e o resto de información está dispoñíbel na convocatoria do premio. Poden presentarse candidaturas até o día 9 de xuño.
Para consultas xerais sobre a convocatoria pódese escribir a premiosperiodismo@injuve.es.