Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación 2026

Do ao

Información de contacto:

premiosperiodismo@injuve.es

O Instituto de la Juventud convoca os Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación 2026 co fin de "fomentar o xornalismo social e recoñecer e divulgar o traballo de xornalistas ou comunicadores novos no ámbito do xornalismo social que contribuíran mellor ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade".

O galardón conta coas modalidades de Xornalismo impreso, Fotoxornalismo, Xornalismo audiovisual e Xornalismo radiofónico, cada unha delas dotada con 5.000 euros.

Poden presentarse ao premio os traballos publicados entre o 9 de maio de 2024 e o 9 de maio de 2025 por candidatos e candidatas que non superen os 35 anos de idade.

A solicitude e o resto de información está dispoñíbel na convocatoria do premio. Poden presentarse candidaturas até o día 16 de xuño.

Para consultas xerais sobre a convocatoria pódese escribir a premiosperiodismo@injuve.es.