Premios Protección de Datos 2022

Do ao

A Axencia Española de Protección de Datos convoca os Premios Protección de Datos Personais 2022, que se outorgan en seis categorías diferentes, entre elas a de Comunicación.

O Premio Protección de Datos de Comunicación 2022 inclúe un premio de 3.000 euros e un accésit de 1.500 euros e ten por obxecto recoñecer os traballos xornalísticos de medios e profesionais da comunicación que supoñan unha achega destacada á difusión e promoción dos principios de protección de datos entre a cidadanía ou as organizacións.

Poderán optar os traballos individuais difundidos nun medio de comunicación ou os proxectos xornalísticos e campañas audiovisuais que definan un compromiso editorial coa promoción da protección de datos. As candidaturas poderán ser presentadas tanto por xornalistas (polos seus traballos) ou polo medio de comunicación (presentando unha campaña global). Tanto as pezas xornalísticas como accións presentadas deberán ter sido difundidas entre o 22 de novembro de 2021 e o 18 de novembro de 2022.

As candidaturas poderán presentarse, preferentemente de forma telemática a través da sede electrónica da Axencia Española de Protección de Datos, ata o 21 de novembro de 2021. Máis información nas bases do premio.