Premios "Voces de la Farmacia"
Do ao
O Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos convoca a primeira edición dos Premios de Xornalismo e Divulgación Científica "Voces de la Farmacia", cos que busca recoñecer a excelencia e promover as informacións sobre Farmacia, así como o contido divulgativo que contribúa ao uso seguro dos medicamentos, impulse os hábitos saudábeis ou loite contra a desinformación en saúde.
O galardón conta con dúas categorías premiadas con ata 2.500 euros cada unha: Xornalismo (para proxectos publicados ou emitidos en calquera medio de comunicación que versen sobre o labor do farmacéutico en calquera dos seus ámbitos de actuación) e Divulgación Científica (para os proxectos de divulgación emitidos ou publicados en calquera medio de comunicación, soporte ou rede social desenvoltos por farmacéuticos colexiados). O xurado resérvase o dereito para outorgar un accésit de 1.000 euros a aquel ou aqueles proxectos que destaquen en calquera das dúas categorías.
Poderán participar nos premios xornalistas ou farmacéuticos colexiados que publicasen algunha información sobre o obxecto desta convocatoria entre o 1 de xullo de 2025 e o 30 de xuño de 2026. As candidaturas deberán presentarse até as 23:59 horas do 30 de xuño de 2026 a través do formulario de inscrición. Unha vez se confírme que o traballo é finalista, deberase anexar a xustificación/acreditación das datas de publicación do proxecto nun correo a congral@redfarma.org. Así mesmo, os participantes poden remitir tamén calquera outra información que consideren relevante para a valoración do proxecto no mesmo enderezo electrónico, indicando no asunto "Documentación adicional: Premios Periodismo y Divulgación Científica Voces de la Farmacia."
Máis información nas bases do premio.