Presentación da guía 'Prevención das enfermidades da voz no ámbito laboral'
Do ao
Horario: Mércores 15 de outubro a partir das 12:10 horas
Lugar: Centro do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia na Coruña. Rúa Doctor Camilo Veiras, 8. 15009 A Coruña
Información de contacto:
Issga@xunta.gal
981 957 018
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) organiza o vindeiro mércores 15 de outubro no seu centro da Coruña (Rúa Doctor Camilo Veiras, 8) un almorzo informativo que servirá como presentación da guía de boas prácticas Prevención das enfermidades da voz no ámbito laboral. O almorzo, que se celebrará a partir das 12:10, inclúe tamén un taller práctico de técnica e hixiene vocal.
En concreto, o programa comeza coa apertura a cargo de Adela Quinzá-Torroja García, xerente do ISSGA. A continuación, Encarnación Sousa Rodríguez, subdirectora xeral técnica e de planificación do ISSGA, disertará sobre enfermidades profesionais da voz e actuacións do ISSGA. Ás 12:50, Nieves Lorenzo Espeso, xefa da área técnica de Medicina do Traballo e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Centro ISSGA da Coruña presentará a guía de boas prácticas Prevención das enfermidades da voz no ámbito laboral, tras o que terá lugar o obradoiro de técnica e hixiene vocal a cargo de Beatriz Loureiro Lorenzo, logopeda experta en rehabilitación da voz. Pecharase a xornada ás 14:10 horas.