Presentación de 'Cómo salir de esta (II)'

Do ao

Horario: Mércores 2 de febreiro de 2022 ás 19:00 horas

Lugar: Sala Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago de Compostela (Rúa do Restollal, 50). 15702

O xornalista e editor de Mundiario José Luis Gómez presenta o mércores 2 de febreiro ás 19:00 horas, na Sala Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago de Compostela (Rúa do Restollal, 50), o libro Cómo salir de esta (II), do que é autor xunto á profesora de Economía da Universidade de Santiago de Compostela María Cadaval. 

No acto participarán os autores do libro xunto ao catedrático de Economía Santiago Lago. A entrada é libre até completar a capacidade máxima permitida.