Programa de Formación contra a Desinformación Climática

Do ao

A Fundación Maldita.es, co apoio de Journalismfund Europe, ofrece un programa gratuíto de formación para combater a desinformación climática para xornalistas que traballen en medios de comunicación en España, consistente na asistencia a un evento presencial que se celebrará en Madrid, o 30 e 31 de xaneiro de 2024, con todos os gastos pagos.

Seleccionaranse 20 xornalistas que exerzan nun medio de comunicación en calquera formato que non se atope en Madrid ou Barcelona capital e que teñan disponibilidade viaxar a Madrid durante dous días. As persoas candidatas deberan contar cunha carta de apoio do medio no que traballan para asistir ao evento e formar parte dunha rede de xornalistas locais contra a desinformación climática. Ademais, deben explicar como a desinformación climática afecta á súa localidade e como podría axudalos o programa no seu labor profesional. 

As candidaturas poden presentarse até o 8 de decembro de 2023 a través do formulario dispoñibel na rede.O 10 de xaneiro do ano que ven anunciaranse os e as xornalistas seleccionadas.