Programa Frontiers de residencias para xornalistas científicos

Do ao

O Consello Europeo de Investigación, a través da iniciativa Frontiers, abre unha nova convocatoria do programa de residencias para xornalistas científicos de todo o mundo en institucións de investigación europeas. As residencias, que abarcan de 3 a 5 meses, serven para afondar na investigación en diversas disciplinas, incluídas as ciencias sociais e as humanidades. O prazo está aberto até o 6 de maio de 2025. 

A iniciativa Frontiers ten como obxectivo capacitar aos xornalistas científicos para salvar a fenda entre os descubrimentos científicos complexos e a comprensión pública, dándolles oportunidades para mergullarse no ambiente de investigación e interactuar con profesionais da ciencia e da academia. As persoas participantes beneficiaranse dunha bolsa para residencia de entre 3 e 5 meses, acceso sen restricións a diversas áreas de investigación, actividades de networking e formación e oportunidades de experiencias interinstitucionais.

Para presentarse ás residencias é necesario ser xornalista novel (até cinco anos de experiencia) e comprometerse a tempo completo durante o período da residencia. A convocatoria está aberta a profesionais de distintos formatos que produzan contido xornalístico independente. As solicitudes deben enviarse, xunto co contacto e a información da institución na que se realizaría a residencia e a documentación necesaria, a través da web de Frontiers, antes do martes 6 de maio.

Máis información e envío de candidaturas aquí.