Roteiro polo Ourense de Valentín Lamas Carvajal

Do ao

Horario: Saída ás 11:00 horas

Lugar: Cemiterio de San Francisco. Rúa Estrada da Granxa, s/n. 32005 Ourense.

O Consello da Cultura Galega organiza o sábado 7 de febreiro,coincidindo co 150 aniversario da saída de O Tío Marcos da Portela, o primeiro xornal en galego, un roteiro que percorrerá o Ourense de Lamas Carvajal con parada en dez lugares, ademais de intervencións institucionais, unha ofrenda floral e un itinerario guiado por un tamborileiro e un gaiteiro, en consonancia co estilo da publicación homenaxeada. O percorrido vai dar comezo ás 11:00 horas no Cemiterio de San Francisco (Rúa Estrada da Granxa, s/n)

O cemiterio de Ourense, a praza do Correxidor, o xardín do Posío e a praza Maior serán puntos destacados dun roteiro que remata no Liceo de Ourense cunha festa popular. Alí haberá un concerto a cargo da coral Ruada e rematará nun cocido.

As persoas que queiran participar no xantar pódense anotar no correo liceodeourense@hotmail.es e no telefono 988220650.

Esta actividade está integrada na celebración do Día dos Medios en Galego.