Sudán e outros conflitos ignorados

Do ao

Horario: Venres 21 de xuño de 2024 a partir das 19.00 horas

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola. Rúa Alfonso XIII, 3. 36002 Pontevedra

Amnistía Internacional Galicia, en colaboración con Boa Vida Inclusión Activa, organiza este venres 21 de xuño o coloquio Sudán e outros conflitos ignorados, que terá lugar a partir das 19.00 horas na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola (Rúa Alfonso XIII, 3).

No acto, Patricia Simón, xornalista experta en dereitos humanos, vai conversar con Natalia Puga, membro da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Exporase a realidade da crise que se vive actualmente no Sudán e darase visibilidade a outros conflitos que se atopan fóra do foco mediático, poñendo fincapé nas consecuencias que teñen para a poboación civil.