Téxtiles de Artistas
Do ao
Horario: De luns a domingo das 11.00 ás 14.00 horas e das 17.00 ás 20.00 horas
Lugar: Fundación Barrié de la Maza. Cantón Grande, 9. 15003, A Coruña
A Fundación Barrié da Coruña (Cantón Grande, 9) acolle, en primicia para España, a exposición Téxtiles de artistas, organizada polo Fashion and Textile Museum de Londres e que ofrece un percorrido pola historia da arte do século XX a través de tecidos deseñados por artistas de primeira liña.
Composta por máis dun centenar de obras, esta exposición presenta unha importante panorámica dos tecidos como forma de arte popular na Gran Bretaña, os Estados Unidos e a Europa do século XX. Entre os artistas figuran nomes como Pablo Picasso, Raoul Dufy, Salvador Dalí, Henri Matisse, Sonia Delaunay, Henry Moore, Fernand Léger, Barbara Hepworth, Ben Nicholson, Joan Miró, Andy Warhol e Alexander Calder. Adicionalmente, e de forma exclusiva, a exposición que se presenta na Fundación Barrié conta cunha selección especial de pezas de artistas e deseñadores do século XXI: teas de Howard Hodgkin para Designers Guild, téxtil deseñado por Zandra Rhodes para Valentino e téxtil-vestimenta e filme de Sterling Ruby, así como un tapiz de gran formato de Damien Hirst para HENI Editions e pano en colaboración con Alexander McQueen, obras cedidas polos propios artistas.
A exposición pode visitarse de maneira gratuíta até o 19 de xuño de 2022, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas de luns a domingo.