Un país coa súa lingua: Comunicación, Cultura e Acción Exterior
Do ao
Horario: Martes 27 de maio das 16:30 ás 19:30 horas
Lugar: Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2º andar. Praza do Obradoiro, s/n. 15705 Santiago de Compostela
Información de contacto:
Consello da Cultura Galega
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
O Consello da Cultura Galega organiza o foro participativo Un país coa súa lingua: Comunicación, cultura e acción exterior, que busca propostas para reforzar a presenza da lingua nos medios, no audiovisual e na produción cultural; ademais de novas iniciativas que potencien a difusión da lingua galega nas plataformas dixitais. A sesión terá lugar na tarde do martes 27 de maio na sede do Consello en Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro, s/n) e contará coa presenza de Ana González Liste, da Xunta de Goberno do CPXG.
Os medios de comunicación e a cultura son ferramentas clave para a difusión, coñecemento e normalización do uso do idioma galego. Este foco temático centrarase en accións concretas para garantir que a lingua teña máis espazos de visibilidade e prestixio, promovendo o seu uso no lecer, na creatividade e na comunicación global.
A sesión dará comezo ás 16:30, tras o que se presentarán os distintos relatorios de Carlota Casal (Presumo de Galego), Carlos García Vieito (Exército Mekemeke) e Ana María Prieto Rodríguez (Asemblea Cultural Galega de Barcelona). Logo dunha pausa, ás 18:00 horas terá lugar un diálogo estruturado con Senén Barro, Andrea Villa Feijoo, Ana González Liste, Daniel Ugarte, André Taboada, Branca Villares e Benigno Fernández Salgado.
Máis información e inscrición na web do Consello da Cultura Galega.