Unha manda de pezas para Isaac

Do ao

Información de contacto:

ALENTO ESBRAVEXO
alentoesbravexo@gmail.com

Alento Esbravexo, un grupo de persoas da sociedade civil, convoca unha homenaxe colectiva a Isaac Díaz Pardo con motivo do centenario do seu nacemento, baixo o lema 'Unha manda de pezas para Isaac'.

Para realizar esta homenaxe colectiva, solicitan contribucións inspiradas en algo relacionado con Díaz Pardo (un acontecemento concreto da súa vida, un debuxo, unha pintura, unha tipografía, un cartaz, unha peza de cerámica, etc.) ou na súa escola (empresas que formou, artistas discípulos de Isaac,...). Tamén se pode facer algo completamente novo, "xa for reinterpretando calquera destes eidos artístico-vitais indicados e crear un debuxo, unha pintura, un tipo de letra, un deseño, grafiti, xoia, danza, música, etc. con total liberdade".

Con todo o material recibido, os convocantes van tentar organizar a homenaxe dalgún xeito, sexa un libro, unha exposición ou outra forma (virtual ou non, dependendo da situación vírica). Desde a organización indícase que "todas as achegas artístico-literarias serán floriñas arriquecedoras, arrecendentes de xenerosidade para Isaac. A Cultura e liberdade é de obrigada necesidade".

As contribucións para a homenaxe deben enviarse ao correo electrónico alentoesbravexo@gmail.com ata o 13 de agosto de 2020.

Máis información aquí.