V Premio de Xornalismo da Cámara de Comercio Alemá para España

Do ao

Información de contacto:

Martin Schneider
Cámara de Comercio Alemana para España
Avenida Pío XII, 26-28
28016 Madrid
premioperiodismo@ahk.es

A Cámara de Comercio Alemá para España convoca o seu V Premio de Xornalismo, co que pretende recoñecer o labor divulgativa dos medios de comunicación no fomento das relacións bilaterais hispano-alemás. 

As obras presentadas poderán versar sobre cuestións de actualidade económica, financeira, empresarial, social ou cultural que teñan relevancia e interese informativo e calidade no seu tratamento xornalístico. As candidaturas poden enviarse ata o 4 de novembro de 2022 ao correo electrónico premioperiodismo@ahk.es ou por correo postal, á atención de Martin Schneider, á dirección: Cámara de Comercio Alemana para España. Avenida Pío XII, 26-28. 28016 Madrid. 

A quinta edición destes galardóns outorgará un primeiro premio dotado de 1.500 euros e dunha viaxe a Alemania para dúas persoas, por cortesía da Oficina Nacional Alemá de Turismo. Así mesmo, inclúe a concesión dun segundo premio, dotado dunha contía de 500 euros e unha viaxe para dúas persoas a Alemaña.

Máis información nas bases do premio.