V Premio de Xornalismo 'HematoAvanza'
A Sociedade Española de Hematoloxía e Hemoterapia convoca o V Premio de Xornalismo 'HematoAvanza' co obxectivo de recoñecer o labor dos medios de comunicación e dos profesionais da información e divulgadores científicos en relación coa difusión da práctica do hematólogo nas súas distintas vertentes.
Ao galardón poden presentarse traballos publicados entre o 21 de decembro de 2021 e o 21 de decembro de 2022, sen límite de número, nun arquivo pdf no caso de traballos escritos ou de audio/video no de radio e televisión. O prazo de presentación, no correo electrónico comunicacion@sehh.es finaliza o 24 de marzo de 2022.
Concederase un primeiro premio, dotado con 3.000 euros, un segundo premio, de 1.500 euros, e unha mención especial, de 500 euros, aos mellores traballos xornalísticos dos que concorran ao galardón, segundo valoración do xurado.
Máis información nas bases do premio.