V Premio de Xornalismo María Luz Morales

Do ao

Información de contacto:

observatoricultural@gmail.com

A CIBA de Santa Coloma de Gramenet e o Observatori Cultura de Gènere convocan a quinta edición do Premio de Xornalismo Feminista María Luz Morales. O premio ten por obxectivo incentivar traballos xornalísticos que versen "sobre o empoderamento das mulleres e os feminismos en calquera dos seus aspectos". 

Concederase un primeiro premio, dotado con 2.000 euros e un accésit de 1.000 euros a senllos traballos publicados en papel ou dixitalmente ou aparecidos noutros formatos audiovisuais e dixitais (vídeos, webdocs, podcasts, etc.).

Os traballos deben ter sido publicados ou difundidos en 2021 en calquera das linguas do estado. Para participar cómpre enviar os traballos por correo electrónico a observatoricultural@gmail.com antes do 10 de xuño de 2022 ás 15:00 horas.

Máis información nas bases do premio