V Premio de Xornalismo Unesid sobre industria siderúrxica

Do ao

Información de contacto:

C/ Castelló, 128
28006 Madrid
premio-periodismo@unesid.org

A Unión de Empresas Siderúrgicas (Unesid) convoca a quinta edición do seu premio xornalístico, que galardoa cun premio de 2.000 euros e un accésit de 1.000 euros os mellores traballos sobre industria siderúrxica.

Os traballos a concurso terán que versar sobre temáticas referidas á industria siderúrxica española, desde calquera dos seus posibles enfoques e tratamentos: económico, industrial ou ambiental, con temas relativos ao papel da industria siderúrxica como motor económico, o papel do aceiro e a siderurxia na economía circular e baixa en carbono, comercio internacional, retos de futuro, sustentabilidade, dixitalización e Industria 4.0, investigación e desenvolvemento, etc.

O prazo límite para a recepción dos traballos será o 30 de setembro de 2024 ás 24:00 horas. Poderán enviarse por correo electrónico ao enderezo premio-periodismo@unesid.org ou por correo certificado a “V Premio de Periodismo Unesid”, C/ Castelló, 128 - 28006 Madrid, España.

Máis información nas bases do premio.