V Premio Xornalístico sobre Enfermidade Renal
A Sociedade Española de Nefroloxía convoca a quinta edición do seu Premio Xornalístico sobre Enfermidade Renal en España, co obxectivo de recoñecer traballos informativos que contribúan a mellorar o coñecemento e a concienciación social sobre as patoloxías renais, especialmente a Enfermidade Renal Crónica (ERC).
O galardón está dirixido a xornalistas e medios que publiquen informacións sobre prevención, detección precoz, tratamento e investigación das enfermidades renais, así como reportaxes centradas na calidade de vida, a humanización da asistencia e a realidade sociosanitaria dos pacientes. Poden presentarse traballos publicados ou emitidos en prensa escrita e dixital, radio ou televisión entre o 16 de outubro de 2025 e o 15 de setembro de 2026, en calquera xénero xornalístico, desde noticias e reportaxes ata entrevistas, artigos de opinión ou editoriais.
Os traballos deberán enviarse, até o martes 15 de setembro ás 14.00 horas, a senefro@senefro.org, indicando no asunto: “Premio Periodístico sobre Enfermedad Renal en España” e achegar xunto ao traballo o nome e apelidos do autor ou autora, fotocopia do DNI, teléfono de contacto e dirección de correo electrónico. O premio está dotado con 3.000 euros ao mellor artigo publicado en prensa escrita ou dixital, ou traballo emitido a través de radio ou televisión.
Máis información nas bases do premio.