V Premios CSIC - Fundación BBVA de Comunicación Científica

Do ao

Información de contacto:

premios-CSIC-FBBVA@fbbva.es

A Fundación BBVA e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convocan a quinta edición dos Premios CSIC - Fundación BBVA de Comunicación Científica que recoñecen todas as facetas, canles e formatos da comunicación científica desenvolvida desde os medios de comunicación, as plataformas dixitais, os centros de investigación, as universidades, os hospitais, as axencias e institucións públicas e as empresas.

Concédense dous premios, dotados cada un deles con 40.000 euros, cunha categoría dirixida a xornalistas especializados en comunicación científica e outra a investigadores que contribúan de xeito significativo á difusión do coñecemento á sociedade.

As candidaturas, presentadas polas propias persoas interesadas, deberan ser profesionais en activo de calquera nacionalidade que realizaran unha parte significativa do seu traballo de comunicación científica en España. 

Poden presentarse as solicitudes até as 13:00 horas do 13 de febreiro de 2026, a través do correo electrónico premios-CSIC-FBBVA@fbbva.es

Máis información nas bases do premio