V Premios de Comunicación de Oriva
Oriva, a Interprofesional do Aceite de Oruxo de Oliva, convoca os V Premios de Comunicación de Oriva para estimular e recoñecer a aqueles xornalistas, divulgadores e profesionais que informen con rigor sobre este produto e o seu sector.
Aos premios poden optar aqueles traballos xornalísticos e divulgativos sobre Aceite de Oruxo de Oliva que foran publicados desde o 11 de decembro de 2021 até o 30 de outubro de 2022. Establécense tres categorías en función do medio (audiovisual, impresa e online) que darán lugar a tres premios independentes dotados, cada un, con 2.500 euros.
A documentación ten que enviarse ao correo electrónico premiosoriva@oriva.es. O prazo para a presentación de candidaturas finalizará o 11 de novembro.
Máis información nas bases do premio.