V Premios de Xornalismo Javier Navarro

Do ao

Información de contacto:

Asociación para la Defensa de la Marca (Andema) 
andema@andema.org 

A Asociación para la Defensa de la Marca (Andema) convoca a V edición dos Premios de Xornalismo Javier Navarro, que teñen o obxectivo de promover e recoñecer o labor dos e das xornalistas na divulgación e achegamento á opinión pública da contribución da Propiedade Industrial.

Poden participar, independientemente da nacionalidade, os e as profesionais do xornalismo que desenvolvesen a súa actividade en España e realizaran algún traballo (de calquera xénero xornalístico e publicado en medios impresos, audiovisuales ou dixitais entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026) que achegara un enfoque relevante sobre a importancia das marcas ou contra as falsificacións. Poderá presentarse un máximo de tres traballos por autor ou autores.

A convocatoria estabelece catro categorías: Traballos xornalísticos difundidos en medios xeralistas e económicos nacionais (escritos en formato dixital ou papel), Traballos xornalísticos difundidos en medios especializados en información xurídica (incluidos os suplementos e especiais de diarios e revistas de información xeral ou económica), Traballos xornalísticos difundidos en medios audiovisuais (de ámbito nacional, rexional ou local), e Traballos xornalísticos difundidos en medios dirixidos a audiencia local ou rexional (escritos en formato dixital ou papel). Cada unha delas está dotada con 2.500 euros e unha escultura conmemorativa. 

As obras, xunto coa información da persoa ou persoas responsábeis da autoría (nome e apelidos, número de DNI ou pasaporte, enderezo postal, correo electrónico e número de teléfono) deberán enviarse a andema@andema.org entre o 27 de maio de 2026 e o 30 de novembro de 2026. De forma opcional poderase incluír un resumo da peza.