V Premios Gesto á Imaxe Social das Personas con Discapacidade
A Fundación Audiovisual para la Normalización Social (FANS) convoca a quinta edición dos Premios Gesto, cos que pretende ofrecer un recoñecemento ás empresas e profesionais dos medios de comunicación que favorecen a difusión dunha imaxe social xusta e positiva das persoas con discapacidade.
Estabelécense dúas categorías: o Premio Gesto á iniciativa, proxecto ou práctica, dirixido a recoñecer a acción máis valiosa en favor da imaxe social das persoas con discapacidade desenvolvida nos medios audiovisuais e de comunicación e redes sociais; e o Premio Gesto á traxectoria persoal, dirixido a recoñecer a achega continuada e consolidada en favor da imaxe social das persoas con discapacidade despregada por un profesional dos medios audiovisuais e de comunicación e redes sociais. En ambos os dous casos, o xurado valora as achegas realizadas para visibilizar ás persoas con discapacidade nos medios de comunicación sen caer en estereotipos e prexuízos sociais.
As candidaturas deben ser dirixidas á Secretaría Técnica do Premio Gesto a través do correo electrónico premiogesto@fundacionfans.org.O prazo de presentación de candidaturas finaliza o próximo 29 de febreiro de 2024.
Máis información nas bases do premio.