V Premios 'Papageno' de Xornalismo Responsábel en Prevención do Suicidio

Do ao

Información de contacto:

periodismoresponsable@papageno.es

A Asociación de Profesionais en Prevención e Postvención do Suicidio Papageno convoca a quinta edición do premio #PeriodismoResponsable, co obxectivo de distinguir os mellores traballos que visibilicen a problemática do suicidio e axuden a salvar vidas.

Podrán presentarse ao premio todos os traballos xornalísticos difundidos en español en medios de comunicación de España publicados en soporte de papel, dixital, radiofónico ou televisivo. O premio está dividido en tres categorías: nacional, audiovisual e rexional (pezas publicadas en medios cataláns), ademais dun premio especial á candidatura que considere máis completa. As persoas gañadoras recibirán 350 euros e un diploma conmemorativo.
 
As publicacións poden tratar o suicidio desde calquera das súas múltiples perspectivas, con traballos publicados entre o 1 de xullo de 2024 e o 30 de xuño de 2025. As persoas interesadas terán que enviar os traballos ao correo electrónico periodismoresponsable@papageno.es ata o 17 de setembro de 2025.
 
Máis información aquí