V Premios Xornalismo e Sustentabilidade
Do ao
Masorange convoca a quinta edición dos seus “Premios Xornalismo e Sustentabilidade”, que recoñecen traballos xornalísticos e de divulgación que destaquen polo tratamento de temas relacionados coa aplicación da tecnoloxía no coidado do ambiente e a sustentabilidade. Poderanse presentar candidaturas para optar a unha das tres categorías dos premios, dotadas cada unha delas con 7.000 euros.
O premio está dirixido a profesionais, que desenvolvan a súa actividade en España, cuxas informacións ao redor da citada materia fosen difundidas por algún medio de comunicación impreso, audiovisual ou noutros formatos ou canles -tales como redes sociais, podcast, Youtube, Twitch…-, en calquera das linguas oficiais do Estado, entre o 6 de outubro de 2024 e o 9 de outubro de 2025 (ambas as datas incluídas). A dotación é de 7.000 euros (repartidos nun primeiro premio de 4.000, un segundo de 2.000 e un terceiro de 1.000) para cada unha das categorías: Medios escritos, Audiovisual e Labor divulgativa e novas narrativas.
As persoas interesadas poden enviar as candidaturas a través do formulario dispoñíbel na web até o día 9 de outubro de 2025.
Máis información nas bases do premio.