VI Concurso Mundial de Medios de Comunicación sobre a Migración Laboral

Do ao

A Oficina da OIT en España convoca o sétimo concurso mundial de medios de comunicación sobre a migración laboral co obxectivo de dar a coñecer de maneira máis profunda o positivismo da integración na sociedade e o traballo dos migrantes para así rematar coa xenofobia e a discriminación conseguindo unha contratación equitativa.

Este ano, terase en conta aqueles relatos relacionados cos traballadores migrantes no fogar, especialmente, migrantes encargados do coidado das persoas e a Covid-19. Os gañadores elixiranse de entre aquelas reportaxes que cumpran cos criterios de creatividade, precisión, equilibrio e presentación positiva.

Repartiranse tres premios aos mellores relatos a xornalistas profesionais e un para os estudantes, puidendo elixir entre un premio de 1.200 dólares en efectivo para profesionais e 500 dólares ou unha bolsa remunerada para participar nun curso de capacitación en liña no Centro de Internacional Formación de Turín da OIT (CIF-OIT) sobre contratación equitativa ou migración laboral en 2022 para o estudante.

Estes traballos poderán ser presentados a través do formulario en liña ata o 15 de outubro de 2021 ás 23:59 horas (hora central europea) e os gañadores anunciaranse en decembro de 2021, no marco da celebración do Día Internacional do Migrante.

Máis información na páxina do premio.